Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Análise Estatística de Datos Complexos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A20 A3 B2 B3 B4 B8 C1 Proba de comprensión teórica e aplicacion práctica dos conceptos impartidos (a realizar o día do examen oficial) 40
Traballos tutelados A17 A20 A3 B2 B3 B4 B6 B7 B9 B10 C1 Contido e presentación do traballo en parella relacionado cos temas 3, 4 e 5. 30
Proba mixta A20 A3 B2 B3 B4 B8 C1 Proba de comprensión teórica e aplicacion práctica dos conceptos impartidos (a realizar na metade do cuadrimestre) 30
 
Observacións avaliación

As puntuacións de cada parte da avaliación quedarán da seguinte forma:

  • Traballo práctico en parellas relativo ós temas 3-4: 1.75 puntos (1 punto resolución do exercicio práctico en R e 0.75 presentación oral).
  • Traballo práctico en parellas relativo ó tema 5: 1.25 puntos (0.75 puntos resolución do exercicio práctico en R e 0.5 presentación oral).
  • Exame de conceptos teóricos/prácticos dos temas 3, 4 e 5: 3 puntos. Terá lugar na metade do cuadrimestre. Permítese liberar materia, de forma que os estudantes que obtiveran, como mínimo, un 3.5 sobre 10 neste exame parcial, xa non se terán que presentar a esta proba no exame oficial, agás que queiran subir nota. Sen embargo, os estudantes que obtiveran unha calificación menor que 3.5 ou que non se presenten ao parcial, irán ao exame oficial tamén con esta parte. No caso de presentarse a subir nota, a calificación que se consideraría relativa a esta proba sería a obtida no exame oficial.
  • Exame de conceptos teóricos/prácticos dos temas 1, 2 e 6: 4 puntos. Terá lugar en xaneiro, o día da convocatoria oficial. Para aprobar a materia, pídese obter, como mínimo, un 3.5 sobre 10 nesta parte. 

Para superar a materia será necesario obter unha calificación de alomenos 5 sobre 10 no conxunto da materia.

Na 2ª oportunidade (xullo) os estudantes deberán facer as probas correspondentes nas que a súa calificación na oportunidade de xaneiro fose inferior a 3.5 sobre 10. No caso de presentarse a subir nota, a calificación que se consideraría relativa a esta proba sería a obtida no exame oficial de xullo.

Na primeira oportunidade (xaneiro), só os estudantes que non se teñan presentado a ningunha das probas avaliables que figuran arriba obterán a calificación de NON PRESENTADO. En xullo obterán a calificación de NON PRESENTADO os estudantes que non se tiveran presentado ao exame final desa data.

Se algún estudante quere facer algunha das probas nun idioma oficial específico (galego ou español), debe avisar ó profesorado alomenos 1 semana antes da correspondente proba.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes