Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Aprendizaxe Automática a Gran Escala
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A24 A25 A26 B2 B4 B7 B10 C1 C4 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. 40
Proba obxectiva A24 A25 A26 B2 B3 B8 B9 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 60
Prácticas de laboratorio A24 A25 A26 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Son obrigatorias para poder aprobar os traballos da solución de problemas e inflúen na cualificación final destes, pero non se puntúan á marxe da nota outorgada á solución de problemas. 0
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba mixta final realizada ao final do cuadrimestre.

- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de todas as probas de avaliación.

Notas sobre os traballos prácticos e solución de problemas:

- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba obxectiva final que terá dúas oportunidades oficiais de exame.

Avaliación no caso da convocatoria adiantada:

No caso de que o alumno solicite e asista á convocatoria adiantada, o 50% da súa nota será a proba mixta (exame final) e o outro 50% o traballo tutelado. O traballo tutelado deberá entregarse como data límite o mesmo día do exame oficial da convocatoria adiantada. Para aprobar a materia, o alumno debe cumprir os requisitos mencionados anteriormente.

Sobre a responsabilidade
compartida dos traballos en grupo.

- Nas
actividades que se levan a cabo en grupos, todos os
membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e
entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das
normas de autoría do mesmo.

Matrícula a tempo parcial

-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á
proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de
“Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a
quen non entregue todas as prácticas en tempo e forma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes