Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Representación e Xestión de Datos Espazo-Temporais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B2 B3 B4 B7 C1 C4 Realización das tarefas prácticas propostas. 40
Traballos tutelados B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C1 Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. 30
Proba mixta A7 A8 B4 B7 Proba individual escrita, sobre os contidos da materia. 30
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 4) na solución de problemas.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1 (sobre 3) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.

De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán
presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que
non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de
cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos
    tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou
    non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. 
  • Solución de problemas: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
  • Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se
    un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
    partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Na segunta oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes nas
primeiras semanas do curso para determinar as condicións de entrega das
prácticas e traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes