Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Empresa e Emprendemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A30 A31 B2 B3 B4 B7 B8 B9 B10 C4 C5 A cualificación establecerase en función dos resultados das probas prácticas establecidas nos seminarios. 10
Proba mixta A30 A31 B2 B3 B4 B7 B8 C4 C5 Fundaméntase como o exame final da materia e contemplará todo o seu contido. 70
Prácticas a través de TIC A31 B3 B10 C1 A cualificación establecerase en función dos resultados obtidos nos exercicios prácticos expostos. 10
Solución de problemas A31 B2 B3 B4 B7 A cualificación establecerase en función dos resultados das probas prácticas establecidas. 10
 
Observacións avaliación

A cualificación final obtida calcularase en función da avaliación continua realizada durante o curso, que valerá uns 30% da nota, e a Proba mixta correspondente á 1ª ou a 2ª oportunidade da convocatoria, que valerá uns 70% da nota.

O alumnado en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terán as mesmas oportunidades que o resto do alumnado para facer a avaliación continua da asignatura.

A cualificación final da oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes