Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Álxebra
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, coa axuda do encerado e/ou medios audiovisuais, de contidos teóricos e prácticos especificados no programa da materia. A finalidade destas sesións é proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que faciliten a aprendizaxe e lle permítan abordar o estudo da materia do modo máis autónomo posible, coa axuda da bibliografía e dos exercicios propostos durante o cuadrimestre.

A través da plataforma virtual da universidade, poñerase ao dispor do alumnado a información detallada dos contidos teóricos e prácticos de cada tema. De se realizar sesións maxistrais coa axuda do canón de vídeo en formato pdf, tamén se proporcionarán as presentacións.

Ademais da adquisición dos contidos propios da materia, nas clases maxistrais fe fomentará:

- O desenvolvemento de espírito crítico e o rigor para validar ou refutar argumentos tanto propios como doutros;

- A detección de ideas esenciais das demostracións dalgúns teoremas básicos e saber adaptalas para obter outros resultados.

- A utilización eficaz da bibliografía e recursos electrónicos para obter información.
Prácticas de laboratorio Sesións nas que se traballará co alumnado a solución dos problemas propostos nas sesións expositivas. Tentarase abordar problemas de relevancia na Intelixencia Artificial. Ofertarase a posibilidade, con carácter voluntario, de se organizar en grupos para a resolución de tests de seguimento.

Nestas prácticas fomentarase:

-O deseño de estratexias autónomas para a resolución de problemas propios do curso, e a distinción dos problemas rutineiros dos non rutineiros;

-A redacción, de maneira ordenada e con precisión, de pequenos textos matemáticos (resolución de problemas, cuestións teóricas, etc.);

- A comunicación a terceiros de razoamentos propios e o traballo en equipo.
Prácticas a través de TIC Prácticas interactivas que darán continuidade, desde un punto de vista computacional, a aqueles problemas tratados nas prácticas de laboratorio, coa axuda do paquete Python de cálculo simbólico Sympy. Poñerase en perspectiva as vantaxes e inconvenientes do uso do cálculo e da abstracción.
Proba obxectiva O exame final será escrito e consistirá nunha colección de problemas teóricos e prácticos, do mesmo tipo que os resoltas nas prácticas de laboratorio (véxase o apartado Avaliación).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes