Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Programación II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B4 B5 B7 B9 Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 60
Prácticas de laboratorio A2 A3 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C3 Realización e calificación segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as practicas para superar a materia 40
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos e
solución de problemas

  • De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o
    plaxio dos traballos levará unha nota global de NON APTO (0), tanto ao
    estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, e a
    cualificación de SUSPENSO na oportunidade.
  • Se as prácticas ou outras actividades se
    realizaren en grupo, todos os membros do grupo responderán de forma solidaria
    do traballo realizado e entregado e das súas posibles consecuencias.

Avaliación na segunda
oportunidade

  • A
    nota global das prácticas
    manterase para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
    SUSPENSO ou NON PRESENTADAS na primeira oportunidade poderán entregarse na
    segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.
  • En
    consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
    actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
    (prácticas introdutorias, controis parciais de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos,etc.)
    non serán recuperables para a segunda oportunidade.

Matrícula a tempo
parcial

  • Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que
    entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
    establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
    profesorado.

Non presentado

  • Quen non concurra á proba obxectiva no período
    oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).

 



* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da
Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes