Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Algoritmos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Algoritmos Código 614G03008
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Valderruten Vidal, Alberto
Correo electrónico
alberto.valderruten@udc.es
Profesorado
Cancela Barizo, Brais
Casanova Crespo, Jose Maria
Gómez Rodríguez, Carlos
Jorge Castro, Jose Santiago
Sanchez Maroño, Noelia
Valderruten Vidal, Alberto
Correo electrónico
brais.cancela@udc.es
jose.casanova.crespo@udc.es
carlos.gomez@udc.es
santiago.jorge@udc.es
noelia.sanchez@udc.es
alberto.valderruten@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Algoritmos permite ao estudante do Grao en Intelixencia Artificial profundizar nas técnicas de deseño dos algoritmos tendo en conta factores cualitativos e cuantitativos na súa avaliación. Dunha parte completa a formación na elaboración de programas eficientes e correctamente estructurados, e doutra permite abordar as técnicas de deseño máis utilizadas na resolución dos problemas que pode atopar para a resolución de problemas de Intelixencia Artificial. É de destacar que a realización de experimentos de medición de tempos de execución sobre os distintos algoritmos analizados achega un enfoque empírico que adoita ser moi valorado polo estudante, que pode así constatar a interpretación concreta das complexidades manexadas. As dificultades plantexadas por algúns casos estudados permiten unha reflexión complementaria sobre aspectos como a xestión de recursos informáticos, detalles de execución de procesos, arquitecturas e sistemas operativos utilizados, etc. Tamén é destacable o estudo e análise dun conxunto importante de algoritmos fundamentais, cubrindo un amplo espectro de técnicas algorítmicas e das súas aplicacións. A posibilidade de usar distintas técnicas na resolución dalgúns problemas leva naturalmente a pensar nas vantaxes e inconvintes das distintas estratexias, e na necesidade de saber elixir a que mellor se adapta a cada situación. Por último é importante profundizar no rigor necesario para desenvolver non só solucións que se adapten a unhas especificacións dadas, sinon ademáis que o fagan de modo eficiente dende o punto de vista dos recursos informáticos necesarios. Resulta fundamental a ilustración mediante varios casos prácticos nos que a existencia de algoritmos eficientes coñecidos leva a desbotar deseños alternativos por moi naturais que podan resultar a primeira vista.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes