Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Xestión de Organizacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A9 A11 B1 B2 B7 C3 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados obtidos nos exercicios prácticos expostos. 10
Proba mixta A9 A10 A11 B1 B2 B7 C1 C3 C6 Fundaméntase como o exame final da materia e contemplará todo o seu contido. 60
Seminario A9 A10 B1 B2 B7 C1 C3 C4 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados dos traballos a realizar establecidos nos seminarios. 20
Solución de problemas A9 A11 B1 B2 B7 C6 A cualificación establecerase en función dos resultados das probas prácticas establecidas. 10
 
Observacións avaliación

A cualificación final obtida calcularase en función da avaliación continua realizada durante o curso, que valerá uns 40% da nota, e a Proba mixta correspondente á 1ª ou a 2ª oportunidade da convocatoria, que valerá uns 60% da nota.

O alumnado en réxime de estudo a tempo parcial, en función da súa problemática particular e das posibilidades do profesorado, terá as mesmas oportunidades que o resto do alumnado para facer a avaliación continua da asignatura.

A cualificación final da oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta específica, que comprenda todos os contidos e competencias da asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes