Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Asignaturas
  Métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A11 A12 A2 B6 B7 B8 B13 B14 B4 B5 C1 C3 C4 C6 C8 Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas propostos polas profesoras, que logo deberán completar e entregar. 100
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que so participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

A materia divídese en dúas partes correspondentes a cada un dos bloques de contidos, que se avalían por separado, cada unha delas con 5 puntos. Para superar cada parte é necesario obter un mínimo de 2,5 puntos. A asignatura considerarase aprobada si se obtén unha puntuación global de 5 puntos ou máis.

AVALIACIÓN DA PARTE I:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a realización dun traballo e a resolución dun boletín de exercicios, que poderán realizarse nas clases prácticas. Antes do comezo do período de clases estará dispoñible, a través da plataforma Moodle, unha Guía complementaria da Parte I na que se especificarán os prazos de entrega.

Para os Temas 1 e 2 proporase a realización dun traballo individual ou en grupos de dúas persoas, consistente no deseño, análise e síntese da información dunha pequena enquisa. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos. Para o Tema 3 proporase un boletín de exercicios individuais. A súa puntuación máxima será de 2,5 puntos.

As actividades a realizar, as normas para realizalas, así como os criterios para a avaliación e as datas de entrega figurarán en Moodle, nun espazo de traballo creado especificamente para cada unha delas.

AVALIACIÓN DA PARTE II:

Os 5 puntos correspondentes pódense obter mediante a resolución das cuestións e problemas que xorden nun exercicio de aplicación práctica dalgunha das metodoloxías tratadas. Ao comezo do período de clases estará dispoñible na páxina web da asignatura na plataforma Moodle un documento coa súa descrición detallada.

A cualificación dependerá da dificultade do tema, da calidade do texto e dos ficheiros de datos, da corrección ao aplicar as técnicas, da análise dos resultados e das conclusións obtidas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes