Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Subjects
  Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos para reunións e convencións
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2015/16
Subject (*) Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos para reunións e convencións Code 615488009
Study programme
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 3
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Análise Económica e Administración de Empresas
Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinador
Rodríguez Fernández, María Magdalena
E-mail
magdalena.rodriguez@udc.es
Lecturers
Rodríguez Fernández, María Magdalena
E-mail
magdalena.rodriguez@udc.es
Web
General description Os obxectivos da materia son os seguintes: 1)Definir e contextualizar conceptos básicos relacionados co turismo MICE, así como analizar a situación actual e tendencias futuras no mercado do turismo de negocios e reunións. 2) Coñecer os axentes ou entes implicados máis importantes no desenvolvemento deste tipo de turismo. 3) Estudar as características máis importantes que diferencian os congresos; as convencións; as xornadas, seminarios, simposios; as feiras, salóns, exposicións e; as viaxes de incentivos. 4) Analizar e desenvolver os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos. 5) Determinar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións coa finalidade de salientar determinados aspectos vinculados á comercialización, comunicación, imaxe e posicionamento. A utilidade desta materia para a Planificación e Xestión do turismo fundaméntase en: a) Mellorar a prosperidade a longo prazo da comunidade local. b) Deleitar aos visitantes maximizando a súa satisfacción. c) Aumentar a rentabilidade das empresas locais e os efectos multiplicadores na súa economía. c) Optimizar os impactos do turismo, asegurando un equilibrio sostible entre beneficios económicos e custos socioculturais e ambientais. d) Promover o destino e satisfacer as necesidades de turistas e comunidade local. Entre os beneficios que reporta o turismo de negocios e reunións, cabe destacar os seguintes: Económicos, Culturais (status, formación...), Desestacionalización, Publicidade beneficiosa e gratuíta, Crecemento de ingresos debido a que o gasto medio deste tipo de turistas é superior ao vacacional, Diversificación da oferta, Economías de escala e Boa imaxe de destino Esta tipoloxía de turismo contribúe polo tanto, ao posicionamento turístico das cidades, dos organizadores, dos patrocinadores e dos colaboradores e mesmo das temáticas específicas dos congresos. Cabe precisar que os alumnos disporán de todo o material necesario para o seguimento da materia. O devandito material estará dispoñible en power point, colgarase en moodle e consta de: 1) Presentación da materia onde se detalla todo o necesario para entender o sentido xeral da mesma. 2) Presentación e explicación de todos os temas que configuran a devandita materia. 3) Presentación da estrutura, os pasos a seguir e os contidos necesarios para a realización do traballo final da materia.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes