Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos na zona costeira e termal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Modalidade a distancia: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos.
Saídas de campo Modalidade presencial: Na medida do posible se realizará unha visita a un centro de turismo de saude e de turismo de litoral a determinar polos profesores. Esta visita será obligatoria para os alumnos con docencia presencial.
Modalidade a distancia: Aos alumnos con formación en esta modalidade se lles aconsellará que na medida do posible realicen a visita a un centro próximo ao seu domicilio.
Recensión bilbiográfica Modalidade presencial e a distancia: Se realizará unha recensión bibliográfica que consistirá nunha lectura crítica dun artigo, ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema.
Traballos tutelados Co fin de promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, e baixo a tutela dos docentes se fará un traballo tutelado sobre un tema proposto polos profesores.
Presentación oral Modalidade presencial: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado
Modalidade a distancia: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point e se organizará un foro de debate virtual na que deberán participar os alumnos..
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes