Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos de patrimonio
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos de patrimonio Código 615488012
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Profesorado
Leira Lopez, Jose
Correo electrónico
jose.leira@udc.es
Web
Descrición xeral Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais e culturais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade. Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio. Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo cultural, e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local. Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle): Presentacións en Power Point 1 e 2 Autor:José Leira P1: Explicación xeral da materia P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio Presentacións en Power Point 3, 4, 5, 6,7 Autora:María Elvira Lezcano P3: Introducción á Interpretación do Patrimonio: Definición, principios, público, medios P4: Turismo e IP P5: Medios para a IP P6: Interpretación temática P7: Planificación interpretativa Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional. TRABALLOS Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous. Un correspondente á parte do profesor Leira e outro á da profesora Lezcano. Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas Partes das que constará o traballo: 1-Breve resumo das lecturas 2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais. Traballo da profesora Lezcano: análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Proponse o seguinte esquema, que se exporá dun xeito máis detallado na plataforma Moodle . Extensión máxima: 10 páxinas Esquema do traballo: 1. Situación de partida. Breve explicación sobre o lugar visitado 2. Clasificación e análise de medios. 3. Especial atención á visita guiada. 4. Análise da mensaxe (tanto na exposición a nivel xeral, como na visita guiada) 5. Valoración global da exposición dende o punto de vista da IP 6. Conclusión final. Propostas de mellora.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes