Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos de patrimonio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Pódese realizar de xeito presencial ou utilizando as novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Tanto os alumnos presenciais coma os no presenciais desenvolverán este tipo de traballo.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Máis dirixido ao alumnado presencial
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre e espontánea sobre un tema, aínda que xeralmente estarán coordinados por un moderador.

Co alumnado presencial desenvolverase durante a clase e co non presencial a través dos foros de participación obrigatoria
Lecturas Lecturas que debe realizar o estudante a proposta dos textos sinalados polos profesores. Implica un incremento do coñecemento da materia e a formación do espíritu crítico preciso. Considérase imprescindible no contexto en que se desenvolve esta formación.

Establécense uhnas lecturas obrigatorias tanto para os alumnos presenciais como para os non presenciais, tal como se especifica na avaliación. Engádense moitos documentos de lectura na plataforma Moodle, para que estean a disposición do alumnado, pero a súa lectura non é obrigatoria
Sesión maxistral Exposición oral, presencial e/ou apoiada con tecnoloxías da información e as comunicacións, e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Dirixida aos alumnos presenciais.
Para o alumnado non presencial, estas clases sustitúense polas presentacións en power point detalladas sobre os contidos, con consultas a través do correo electrónico ou explicacións con grabacións ou por skype.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes