Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
 Asignaturas
  Socioloxía dos Mercados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A6 A11 A asistencia e a participación en clase e nas tutorías terase en conta. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Realizaranse varios traballos ao longo do curso (comentarios de texto, de vídeos, análise de noticias...) e entregaranse nas datas estipuladas pola profesora. 60
Lecturas A1 A5 A6 A11 B3 B6 Realizarase un comentario sobre unha serie de lecturas propostas durante o curso que terá que entregarse ao final deste. 30
 
Observacións avaliación
A avaliación continua consistirá na realización de traballos tutelados ao longo do curso (que supoñerán un 60% da nota), dun ensaio sobre varias lecturas (que valerá un 30% da nota) e a asistencia e participación (que supoñerán un 10% da nota final). A asistencia á clase maxistral é obrigatoria (se non se pode asistir hai que porse en contacto coa profesora).

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica acordarase a principio de curso un calendario específico de tutorías e de prazos de entrega dos traballos tutelados (70% da nota) e das lecturas (30% da nota final) compatible coa súa dedicación.

A avaliación en segunda oportunidade consistirá na realización dun traballo sobre toda a materia ou, si a avaliación foi continua, a recuperación das probas non superadas durante o curso.
A primeira opción supoñerá un 100% da nota, a segunda supoñerá a parte correspondente da nota da proba recuperada (gardaranse as notas das probas superadas durante o curso). As instrucións sobre a súa elaboración serán proporcionadas pola profesora nunha tutoría.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes