Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
 Asignaturas
  Muestreo e Probas de Decisión Estatística
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial, que se basean na organización da clase en pequenos grupos de traballo, de dous ou tres alumnos/as, nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Obradoiro Valorarase cun máximo do 40% da nota final a participación nos obradoiros, nos que se exporán e debaterán as solucións que os grupos de traballo desen aos problemas expostos. Realizaranse polo menos dous tipos de talleres, un relacionado coas probas de decisión estatística e outro coa mostraxe. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na participación nos talleres.
Solución de problemas Valorarase cun máximo do 30% da nota final a participación na resolución de problemas, que consiste en que os grupos de traballo cheguen a resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos revisados previamente nas sesións maxistrais. Exporanse distintos tipos de problemas relacionados coa aplicación da mostraxe e coa utilización das probas de decisión estatística. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na resolución de problemas.
Proba obxectiva Valorarase cun máximo do 30% da nota final as notas obtidas nas probas obxectivas, que consisten en probas de carácter periódico, realizadas de maneira individual, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Estímase que se realizará unha proba obxectiva por tema. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación nas probas obxectivas.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais de materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes