Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
 Asignaturas
  Muestreo e Probas de Decisión Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A10 B2 B4 B6 B9 B10 Valorarase cun máximo do 40% da nota final a participación nos obradoiros, nos que se exporán e debaterán as solucións que os grupos de traballo desen aos problemas expostos. Realizaranse polo menos dous tipos de talleres, un relacionado coas probas de decisión estatística e outro coa mostraxe. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na participación nos talleres. 40
Solución de problemas A1 A4 A8 B2 B6 C3 Valorarase cun máximo do 30% da nota final a participación na resolución de problemas, que consiste en que os grupos de traballo cheguen a resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos revisados previamente nas sesións maxistrais. Exporanse distintos tipos de problemas relacionados coa aplicación da mostraxe e coa utilización das probas de decisión estatística. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación na resolución de problemas. 30
Proba obxectiva A1 A4 B2 Valorarase cun máximo do 30% da nota final as notas obtidas nas probas obxectivas, que consisten en probas de carácter periódico, realizadas de maneira individual, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Estímase que se realizará unha proba obxectiva por tema. Para superar a asignatura requírese obter polo menos a metade da puntuación nas probas obxectivas. 30
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua, polo que a cualificación final obterase promediando as cualificacións obtidas nos talleres, na solución de problemas e nas probas obxectivas, a condición de que se obteña polo menos a metade da puntuación en cada un dos sistemas de avaliación.


No caso de que non se obteñan os mínimos requiridos para superar a asignatura polo sistema de avaliación continua, as/os estudantes poderán ser avaliadas/os nunha proba obxectiva única que abarcará toda a materia. Dita proba obxectiva única consistirá nun exame composto por exercicios breves e preguntas curtas e/ou de resposta múltiple.


Nas convocatorias extraordinarias aplicarase o sistema de avaliación por proba obxectiva única.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes