Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
 Asignaturas
  Análise Estatístico de Datos 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A4 A8 B6 B7 B8 C3 AVALIACIÓN CONTINUA:

Establécese a través da cualificación conxunta de tres exercicios prácticos que supoñen o 90% do valor da nota final. Dúas destas prácticas, realizadas en grupo, terán un valor unitario máximo de 4,25 puntos. A terceira práctica, realizada individualmente e de carácter voluntario, terá un valor unitario máximo de 0,5 puntos (dito exercicio ten como finalidade mellorar a cualificación final, ou optar a unha matrícula de honra).

Para optar á avaliación continua, hai que entregar as dúas prácticas grupais ao longo do cuadrimestre, as cales terán unha única data de entrega presencial.
90
Presentación oral B9 C1 C2 A realización das presentacións orais dalgunha das prácticas grupais, suporá o 10% do valor da cualificación final. 10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN NON CONTINUA:

Consiste na realización dun exame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes- composto por tres preguntas de carácter teórico e dous exercicios prácticos onde o alumno/a, e a través da utilización do programa estatístico SPSS, amose os seus coñecementos aplicados de, polo menos, dúas técnicas de análise multivariante. Dito exame supón o 100% do valor da cualificación final.


O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia, terá que presentarse ao éxame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes-.




Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes