Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados
 Asignaturas
  Taller de Análise Cualitativo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral sobre a Análise das Redes Sociais e as máis importantes ferramentas de análise complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
O mesmo cabe dicir para un proxecto de investigacion baseado no cartografiado de datos sociais
Traballos tutelados Consistente na realización dun proxecto de investigación no que deberá aplicaerse a ARS.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
O mesmo cabe dicir para un proxecto de investigacion baseado no cartografiado de datos sociais
Saídas de campo Visita guiada pola cidade da Coruña destinada a familiarizarse co plano, definir as técnicas e protocolos de investigacion baseadas no uso da cartografia.
Organizacion en grupos para traballar sobre sectores espaciais ou problemas de investigacion diversos
Prácticas a través de TIC Consistente na realización de exercicios prácticos co software UCINET e Egonet para a ARS.
As prácticas a través de TICS constitúe unaha metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes