Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A12 B1 B3 B5 B10 C3 C7 C8 Para o traballo individual de análise de fontes documentais os criterios de valoración serán:

-Claridade e concisión
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Achega propia sustentada no correspondente marco teórico

Todos os traballos valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 30% sobre a nota final de avaliación da materia.

30
Sesión maxistral A1 A11 A6 A7 A10 B1 B3 B5 C7 Valorarase a asistencia e participación na clase do alumnado presencial.
Tamén se valorará a participación activa nos foros/debates que se propoñan no Campus Virtual.
10
Traballos tutelados A1 A11 A12 A6 A7 A10 B2 B4 B7 B10 C1 C2 C4 C8 C9 Levarase a cabo unha avaliación continua e individualizada do traballo de cada alumno/a no traballo tutelado na modalidade presencial.

Os criterios de valoración da avaliación continua serán:
-Actitude
-Proactividade
-Resolución de problemas
-Implicación
A ponderación da avaliación continua sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración do traballo escrito serán:
-Adecuada estruturación do traballo
-Claridade e concisión no desenvolvemento
-Coñecemento e manexo dos conceptos
-Orixinalidade das ideas propostas
-Viabilidade do plan
-Estética do documento
A ponderación do traballo escrito sobre a nota final será dun 20%.

Os criterios de valoración das presentacións orais faranse de xeito individualizado e serán:

a) Organización e capacidade de síntese
b) Interese do contido
c) Precisión e claridade de exposición
d) Adaptación ao tempo (10 minutos)
e) Estética do documento de presentación
A ponderación da presentación oral sobre a nota final será dun 20%. Deste bloque os ítems "a, b, d, e" ponderarán un 10% e o ítem "c" o outro 10%.

Tanto a avaliación continua, como o traballo escrito e a presentación oral valoraranse nunha escala de 0 a 10 aplicándose posteriormente a ponderación oportuna.
A cualificación desta parte responderá a unha ponderación do 60% sobre a nota final de avaliación da materia.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura será necesario ter unha calificación de máis de 5 puntos en todas e cada unha das partes (análise de fontes documentais, traballo tutelado e participación en foros).

O sistema de evaluación será o mismo para ambas oportunidades.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia, na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes