Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Subjects
  Planning and management of plans of tourism. The paper of the public and private organizations
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Ao comezo de cada tema tanto na vía presencial como na via online, identificaranse os principais obxectivos a alcanzar, a secuencia lóxica que se seguirá na presentación de contidos, os coñecementos previos recomendados para facilitar o proceso de aprendizaxe e a bibliografía específica.
Guest lecture / keynote speech No caso dos alumnos presenciais explicaranse os coñecementos básicos da materia, empregando tanto fontes audiovisuais como documentais como soporte. Nestas sesións será necesaria a participación activa dos alumnos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.
No caso dos alumnos online disporan tanto das presentacións como dos arquivos de video e audio para o seguimento das clases. Neste caso a interacción será tanto por vía mail, telefónica e periódicamente mediante skype
Document analysis A partir do programa da materia proporcionarase material audiovisual ou bibliográfico que sirva de referencia para desenvolver algunhas cuestións básicas que o alumno debe resolver para entregar ao profesor
Case study Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans a longo prazo propostos para España (2020), empregando a metodoloxía e os conceptos explicados na materia.
No que respecta ao estudo de cuestións xurídicas, irá acompañado da análise de casos prácticos relacionados coa interpretación de normas que nalgúns casos terán que ser a través de comentarios sobre xurisprudencia así como a redacción de documentos relacionados co procedemento administrativo aplicado ao ámbito turístico. Todas estas actividades terán un seguimento directo presencial o por contacto polas diversas vías sinaladas con alumnos da opción online
Workshop Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análises de fontes documentais, discusións ...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos. Todas estas actividades terán un seguemento directo en tutoriazación presencial e no caso dos alumnos online mediante o seguemento nos contactos telefónicos, por mail e periódicamente por skype.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes