Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Programa para analisis de datos cuantitativos con exemplos de turismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades están fundamentalmente pensadas para aqueles alumnos que non cursasen previamente a materia de métodos e técnicas de investigación en turismo: técnicas cuantitativas. Presentación da materia, revisión das principais fontes de datos económicos e o repaso dalgúns coñecementos estatísticos básicos.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesor. Dita exposición compleméntase coa utilización de exemplos prácticos e exercicios.
Modalidade online: Ofrécense ao alumno diferentes materiais teóricos / prácticos sobre os contidos da materia a través da plataforma Moodle, complementados coa utilización de exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Obradoiro Modalidade presencial: Configúranse como parte fundamental da materia. Son necesarias para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, R, Gretl,...) adecuado para efectuar aplicacións empíricas e para valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno debe realizar baixo tutela.
Modalidade online: Plantéxase ao alumno a través da plataforma Moodle aplicacións para aprender o manexo do software (Excel, SPSS, R, Gretl,...) que lle permita efectuar aplicacións empíricas e valorar os resultados que proporcionan, tarefas que o alumno deberá realizar e entregar a través de Moodle, contando coa supervisión do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes