Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Programa para analisis de datos cuantitativos con exemplos de turismo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A11 A3 A12 A6 A7 A10 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C7 C6 C8 C9 Nestas clases os alumnos iniciarán a resolución dos problemas e traballos propostos polas profesoras, que logo deberán completar e entregar. 100
 
Observacións avaliación
CRITERIOS XERAIS:

A cualificación de non presentado corresponde unicamente aos alumnos que só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da cualificación obtida.

A materia divídese en dous partes, correspondentes a cada un dos bloques de contidos; a puntuación do bloque I é de 4 puntos e a do bloque II de 6 puntos. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación global de 5 puntos ou máis, cun mínimo de 2 puntos no bloque I e de 3 puntos no bloque II.

No bloque I, a avaliación consiste na resolución de exercicios de aplicación das técnicas con datos reais mediante excel, e no bloque II na realización de exercicios de aplicación das técnicas mediante SPSS. A través da plataforma Moodle  se especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.

Os alumnos presenciais realizarán as actividades en grupos de non máis de tres persoas; os alumnos on-line realizarán o traballo de forma individual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes