Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Facilitaranse como máximo aos alumnos da modalidade presencial e online dous textos ou lecturas de carácter obrigatorio como complemento ás sesións
maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno e resolver as cuestións que se
formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas tanto polos alumnos da modalidade presencial coma polos da online. Estas
consideraranse na avaliación final da materia, polo que é importante que todos os alumnos as entreguen.
Traballos tutelados Para o caso de modalidade presencial:
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno deberá ser capaz de organizar un
congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán crearse entre dous e
tres grupos de traballo.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así
como o seguimento do labor levado a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Para o caso de modalidade non presencial/online:
A elaboración do traballo será individual, salvo que alguén desexe formar grupos virtuais con outros alumnos da súa mesma
modalidade, o cal deberá comunicalo coa suficiente antelación á profesora.
Para os alumnos desta modalidade o traballo terá o mesmo contido que no caso da modalidade presencial.
Os alumnos non presenciais tamén serán tutorizados de forma continua e farase un seguimento do seu traballo de forma
individual ou colectiva, segundo sexa o caso.
Poderán expoñer o seu traballo utilizando para iso os medios audiovisuais que sexan posibles e esteñan ao alcance de todos. De todos modos e independentemente de se sexa posible expoñer ou non o seu traballo de xeito virtual, é necesario enviar a presentación do traballo nun power point con audio. Despois da entrega do traballo poderase facer un Skype co estudante para comprobar que o traballo foi feito por él.
Presentación oral Os diferentes membros do grupo, ou os alumnos de forma individualizada deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten
especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final. No caso dos estudantes da modalidade online para a valoración desta metodoloxía é necesario que envíen a presentación en power point con audio.
Sesión maxistral Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de
presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa
finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Todos os estudantes, tanto os da modalidade presencial como os da online, terán acceso a este material a través da plataforma moodle.
No caso dos estudantes da modalidade online poderanse crear foros virtuais, a través da plataforma moodle, para manter discusións e debates sobre temas de interese relacionados coa materia.
A asistencia a clase para estudantes da modalidade presencial e a participación nos foros virtuais para os da online será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final.
Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos. Esta saída está aberta aos estudantes de ambas modalidades polo que ten carácter optativo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes