Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas B2 C3 Neste caso propóñense como máximo dous artigos ou lecturas obrigatorias, cuxos
alumnos de ambas as dúas modalidades (presencial e non presencial) deberán ler,
comentar, opinar e responder a unha serie de cuestións que se formulen nestas.
As devanditas lecturas deberán ser desenvolvidas por todos os alumnos de xeito
individual, as cales supoñerán un 10% na cualificación final da materia, sempre que
se cumpran unha serie de requisitos, entre os cales se encontran, calidade de
redacción, opinión contrastada, utilización de fontes bibilográficas, etc.
O prazo de entrega das devanditas lecturas farase a segunda semana do mes de marzo.
10
Traballos tutelados A6 A10 A8 B9 C4 C6 C9 Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do
traballo ben sexa en grupo (modalidade presencial) ou individualizado (modalidade
non presencial) representará o 70% da nota final.
Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Orixinalidade
2) Aplicación de fundamentos
3) Calidade da redacción
4) Utilización de fontes bibliográficas
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no
traballo tutelado.
A entrega do traballo tutelado farase durante a quinta semana do mes de abril.
70
Presentación oral B2 O grupo (modalidade presencial) ou alumno de forma individual (modalidade non
presencial) deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios
audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance.
É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro
formato similar.
A presentación suporá o 20% da nota final da materia onde de forma individualizada
valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos:
1) Calidade da presentación
2) Precisión e claridade da exposición e das respostas.
No caso de modalidade presencial todos os integrantes do grupo deberán expoñer
unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será otorgada de forma
individualizada a cada alumno.
No caso de que un alumno de modalidade non presencial non puidese expoñer o seu
traballo, valorarase a presentación en power point, tendo en conta a calidade da
presentación e a precisión e claridade nas respostas ás preguntas que a profesora lle
formule posteriormente.
20
 
Observacións avaliación

Nota: Os alumnos de modalidade
non presencial poderán formar grupos de traballo con alumnos da súa mesma modalidade, sempre e cando llo notifiquen previamente ao profesor e este o considere oportuno.

A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a segunda semana de abril.

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade de Xullo. De modo que o alumno deberá entregar as lecturas correspondentes e o traballo. A entrega de traballos e lecturas na segunda oportunidade realizaranse na terceira semana do mes de xullo e a revisión das cualificacións farase na cuarta semana do mes de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes