Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Los alumnos de modalidad a distancia participarán en un foro abierto específicamente para este punto.
Sesión maxistral MODALIDADE PRESENCIAL: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
MODALIDADE ON LINE: Estudio dirixido a través de lecturas de textos e de material multimedia (clases grabadas, vídeos, presentacións power point) seguindo os contidos.
Saídas de campo MODALIDADE PRESENCIAL: Na medida do posible se realizará unha visita a un centro de turismo termal e a outro de turismo de litoral con centros de talasoterapia e spa a determinar polos profesores. Esta visita será obligatoria para os alumnos con docencia presencial.
MODALIDADE ON LINE: Aos alumnos con formación en esta modalidade se lles aconsellará que na medida do posible realicen a visita a un centro próximo ao seu domicilio. Existe a posibilidade de integrarse no grupo presencial.
Lecturas Mediante documentos bibliográficos (artígos, informes, etc.) relevantes para a temática dea materia se elaborarán síntesis de contidos de carácter teórico ou práctico.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun artigo, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia. Os alumnos serán capaces de realizar un deseño básico dun centro de turismo de saúde, cuxa tipoloxía e segmento ao que se dirixe quedará á elección do alumnado. O traballo tutelado está deseñado para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor durante os días de impartición das clases maxistrais e nas datas e horarios establecidos de tutorías. Os traballos expoñeranse en clase nas datas fixadas tras finalizar as clases maxistrais.
MODALIDADE ON LINE: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso. Poderán expoñer o traballo, enviando unha presentación con voz ou nunha sesión de skype.
Estudo de casos Os alumnos distribuídos en grupos realizarán un estudo dun caso de turismo en espazo litoral vinculado á talasoterapia. Describirase un caso concreto por parte do profesorado que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
MODALIDADE EN LIÑA: O traballo será realizado de forma individual salvo que desexen formar grupos virtuais con outros alumnos da mesma modalidade. Deberá ser comunicado con antelación ao profesorado. Tamén serán titorizados de forma individual ou colectiva segundo o caso
Presentación oral MODALIDADE PRESENCIAL: Os alumnos de modalidade presencial farán unha exposición oral do traballo tutelado
MODALIDADE ON LINE: Os alumnos de modalidade a distancia entregarán unha presentación power point con voz ou se presentará nunha sesión de skype a elección do alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes