Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Lecturas
Descrición
Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais /on-ine como para abordar temas relacionados co traballo.

paloma.more@udc.es
mario.crecente@udc.es

As clases impartiranse durante dúas semanas de forma presencial e atenderase aos alumnos on line. Resolveranse dúbidas cando sexa preciso, mesmo despois desas datas.


O ensino desta materia combinará os seguintes métodos:

Modalidade presencial

- Clases expositivas por parte dos profesores nas que se tratará de fomentar a participación do alumnado
- Exercicios prácticos para desenvolver de xeito individual ou en grupo na clase
- Lectura e análise de textos
- Estudio de casos
- Saída de campo
- Incremento das horas de dedicación ao alumno para asesoralo nos puntos anteriores.

Modalidade a distancia:

- Presentacións da materia en Power Point, acompañados de arquivos de voz ou vídeos
- Lectura de textos recomendados. Estudo de casos
- Resolución de dúbidas on line
- Foros de discusión
- Contacto a través do correo electrónico e Skype


As pautas para os traballos na modalidade on line daranse a través da plataforma moodle. A atención ao alumnado farase a través da plataforma ou do correo electrónico dos profesores.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes