Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Seguiranse as pautas propostas pola Profesora María Elvira Lezcano (plataforma Moodle). Extensión máxima: 10 páxinas

Este traballo será correxido pola profesora Lezcano
40
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 Asistencia ou traballo en conxunto ou individual na aula ou na plataforma virtual, a partir de cuestións propostas polos profesores.

Para o alumnado presencial pode ser a asistencia á saída de campo ou a participación dalgunha actividad proposta na clase

Para o alumnado non presencial valorarase a través da participación nos foros e a calidade das argumentacións presentadas neles.
10
Discusión dirixida A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7
Para o alumnado on line participación nos foros propostos
Para o alumnado presencial, participación nas clases.
10
Lecturas A1 A2 A5 B2 B10 B12 C5 C7 Realización dunha recensión e comentario crítico a partir de catro pequenas lecturas, propostas polo profesor José Leira (en moodle). Extensión máxima: 6 páxinas.

Este traballo será correxido polo profesor Leira
40
 
Observacións avaliación

A data límite para a entrega dos traballos ou as
participacións no foro (1) é arredor dun mes despois da etapa de docencia (11 de abril). Especificarase dun xeito máis concreto 15 días antes do comezo da materia.

(1) Prégase que as intervencións se fagan dun xeito progresivo a medida que se van consultando os materiais.

O alumnado presencial qeu non poda asistir ás clases por causa xustificada, terá que comunicarse cos profesores para tratar de substituir a docencia perdida, seguindo as pautas do alumnado on line.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes