Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Modelos de provisión do benestar
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consisten na explicación da parte teórica da asignatura. Controlarase a asistencia.
Estudo de casos Estudo de políticas sociais específicas e análise da sua implementación. Realizarase un traballo de investigación en grupo (3/4 estudantes) no que cada equipo analice o modelo de prestación asistencial dun país que elixiron anteriormente. Nas sesións de clase dedicarase un tempo a progresar nestas investigacións, que se enriquecerán coas discusións e actividades realizadas na clase. Cada equipo presentará o seu traballo na clase ao final do curso. As directrices específicas daranse de xeito presencial e a través do Campus Virtual.
Lecturas Lecturas académicas sobre os contidos da materia que serán comentadas en clase a través de debates dirixidos pola docente que fomenten a participación do alumnado e desenvolver as súas habilidades orais e as súas capacidades críticas sobre fenómenos sociais. Para o alumnado en modo NON PRESENCIAL, abriranse foros no Campus Virtual para que poidan comentar as lecturas.
Obradoiro Trátase de sesións prácticas interactivas que apoien aos estudantes para a elaboración de informes analíticos, deseño e avaliación de políticas sociais concretas. Realizaranse actividades como debates, busca e análise de información, visualización e análise de documentais, entre outros.

Para estudantes en modo NON PRESENCIAL, abriranse foros para que poidan comentar os documentais propostos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes