Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Dimensión ética e procesos educativos na acción social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dimensión ética e procesos educativos na acción social Código 615525004
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Serantes Pazos, Araceli
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
Web
Descrición xeral A materia parte do cuestionamento da primacía da razón instrumental en todos os ámbitos da vida (tamén no social), orientada ao cálculo de probabilidades para lograr o máximo beneficio. Unha racionalidade que non garante a xustiza, porque que algo sexa tecnicamente posible non significa que sexa humanamente aceptable. Son precisas as dúas dimensións, técnica e ética. Así, fronte ao relativismo moral propio da postmodernidade neoliberal, onde non hai criterios éticos compartidos, todo vale e vale igual, defendemos unha ética cívica universal, dialóxica, participada, argumentada. Unha ética aplicada entendida como saber práctico encamiñado a tomar decisións prudentes e moralmente xustas (Adela Cortina). Compartimos con Joan Canimas a necesidade de converter a ética nunha práctica subversiva ademais de reflexiva (que indague nas sombras, nas grietas, nos límites) e situacionista, que promova situacións nas que sexan posibles outras formas de vida e alteridade desexables. Na materia, trasladamos esta práctica a diferentes ámbitos de acción social: servizos sociais, prostitución, diversidade funcional, persoas maiores, educación ambiental e social en xeral. Ademais, en tanto que ética aplicada, a materia ten como obxectivo ser capaces de identificar problemas e dilemas éticos na práctica social e ter ferramentas para atopar respostas dialóxicas aos mesmos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes