Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Realizánse obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura
Proba mixta A proba mixta correspóndese co exame final.
Sesión maxistral O alumnado levará rexistro de asistencia ás sesións maxistrais.
Durante estas clases presenciais traballaranse activamente os temas do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos e outras actividades prácticas. A orde das sesións poderá sufrir algúns cambios en función da asistencia de conferenciantes invitados/as para tratar estudos de casos ou experiencias concretas.
Traballos tutelados A materia avaliarase a través dunhas preguntas base que serán integradas ao traballo tutelado global para a avaliación do módulo. As preguntas versarán sobre a bibliografía, as experiencias e todo aquilo tratado na clase maxistral (ou on line), sendo a modalidade de traballos a mesma para asistentes e non asistentes, en canto a criterios de avaliación, acceso á información e preguntas.
Para garantir no proceso de avaliación a identidade do estudantado a distancia, cada un/ha deste terá que presentarse visualmente, acompañado por algún documento oficial de identidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes