Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Identidade, alteridade e interseccionalidade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Identidade, alteridade e interseccionalidade Código 615525006
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Francés
Galego
Inglés
Portugués
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://Plataforma Moodle UDC
Descrición xeral Nun mundo cada vez máis interconectado, a identidade convértese, como explica Zygmunt Bauman (2004), nunha especie de moeda de troco contestada: por unha banda, a identidade pode potenicar, capacitar, reforzar e empoderar, pero por outro, pode dividir, excluír e oprimir; iso si, depende de como se conciba, interprete, represente e utilice. E esta realidade só se complica ao considerarmos a situación das persoas e grupos que sofren diversas formas de inxustiza a raíz dun ou máis aspectos da súa identidade persoal ou colectiva. A miúdo son varias as formas de discriminación (ou, ao contrario, de privilexio) que converxen nunha soa persoa debido á súa procedencia nacional ou étnica, o seu xénero, a súa "raza", ou os seus medios económicos (entre outros factores). Aquí é onde entra en xogo a análise interseccional da alteridade: Cales son as implicacións deste cruzamento de formas de discriminación? Pode que a persoa ou colectivo en cuestión nin sequera se identifique a si mesma/o do mesmo xeito que lle identifican outras moitas persoas alleas á súa realidade? Que factores pesan máis nestas dinámicas inxustas? Cal é o legado actual de toda unha historia de inxustizas? Como responder a estas cuestións desde as políticas sociais? Estas preguntas conforman a esencia desta materia.
Plan de continxencia En caso dunha suspensión temporal da presencialidade na Universidade da Coruña, tomaranse as medidas a seguir: 1. Modificacións nos contidos: Ningunha. 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas manteranse menos a asistencia á aula física. No seu lugar, o alumnado presencial participará ou ben directamente nas sesións gravadas da plataforma virtual de Teams, ou ben indirectamente mediante o Foro virtual da plataforma de Moodle (tal e como fará normalmente o alumnado non-presencial). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Esta atención canalizarase por correo electrónico, por Teams, por Moodle ou por teléfono, podéndose concertar citas por estes medios. 4. Modificacións na avaliación: A "participación oral" do alumnado canalizarase a través das sesións telemáticas de Teams ou do Foro virtual de Moodle (mediante comentarios escritos, como alternativa ao Teams). Contará a calidade máis que a frecuencia desa participación. De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin de aula, nin de Teams, nin no Foro de Moodle) realizará o traballo tutelado, que lle valerá o 75% da cualificación final, así como unha pequena proba oral que lle valerá o 25% da cualificación final. A proba realizarase telematicamente ou por teléfono, en formato de entrevista que durará uns 30 minutos, aproximadamente. Como alternativa á proba oral, a/o estudante en cuestión pode optar por realizar unha proba escrita de desenvolvemento, con material, cun límite de dúas horas para a súa realización por Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes