Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Identidade, alteridade e interseccionalidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O conxunto de textos e documentación escrita que se presenta como fonte de profundización obrigatoria e/ou opcional dos contidos traballados.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección magistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
Discusión dirixida Modalidade presencial: Presentación e comentario en clase dos textos asignados a cada estudante ou a cada grupo de estudantes. Á discusión –coordinada polas profesoras– sumaranse voluntariamente as/os estudantes.

Modalidade virtual: No caso das persoas que cursan a modalidade on-line, a participación a distancia queda habilitada a través de comentarios introducidos na plataforma Moodle (ver Foro virtual). A participación a distancia en directo nos debates que se xerarán na aula dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos/das outros/as integrantes do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía no que o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Modalidade presencial: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado e deliberativo, expoñendo temas, conceptos, principios, traballos, experiencias, feitos e perspectivas; propoñendo cuestións varias; comentando textos; e realizando aclaraciones de forma dinámica.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado a distancia, esta metodoloxía canalizarase principalmente a través do Foro virtual (textual), o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis. Tamén terá a opción de asistir ás sesións virtuais en directo en Teams, de darse o caso.
Foro virtual [Só para o alumnado matriculado na modalidade on-line]

Espazo de discusión formal e informal destinado ás/aos estudantes en cuestión para o tratamento dun ou máis temas ou problemas. Desenvólvese a través dunha contorna virtual de aprendizaxe (Moodle e/ou email) mediante ferramentas de comunicación asíncrona.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou innocua que si se levase a cabo sobre o fenómeno orixinal ou na realidade. O suxeito asume unhas condicións hipotéticas nas cales próbase o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, xa que logo, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.

Para o traballo final, cada estudante elixirá un dos dous tipos de traballo seguintes:

1) Unha análise textual de documentos (lecturas e/ou gravacións) na que se ofrece unha radiografía explicativa e sintética dun tema, problema ou caso real relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade. Nesta análise propoñeranse posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención. Así mesmo, o traballo debe incluír referencias a outros estudos pertinentes, e a algúns dos conceptos chave e orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, no espazo da materia no Campus Virtual, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado non-presencial. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse no espazo da materia no Campus Virtual.

2) A produción dun documento audiovisual que, hipotéticamente, se fará público. Nesta gravación, presentarase de forma creativa e dinámica un tema, problema ou caso relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade, así como posíbeis vías de abordaxe, mediación ou intervención, a propia gravación sendo unha destas vías. A gravación irá acompañada dun traballo descritivo e analítico, no que se afondará de xeito explicativo e sintético noutros estudos pertinentes, e nalgúns dos conceptos chave e das orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase e reflectidas na gravación. O traballo debe estar debidamente fundamentado, e polo menos un 50% das fontes referenciadas nel deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase, no espazo da materia no Campus Virtual, nas "Fontes de información" desta Guía docente, ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado non-presencial. Os requisitos para a estrutura do traballo encóntranse no espazo da materia no Campus Virtual.

*Débese consultar a información completa sobre a avaliación do traballo na plataforma do Campus Virtual.

Modalidade a distancia: No caso das persoas que cursen o máster on-line, realizaranse titorías virtuais nas que se consultarán e se revisarán distintos aspectos do traballo. Este proceso servirá, así mesmo, para coñecer á/ao estudante en cuestión e para garantir a súa identidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes