Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Qualitative techniques for the analysis of discourses and social realities
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Realizarase un traballo tutelado que consistirá no deseño dalgunha técnica de investigación cualitativa, así como a súa posta en práctica e -en menor medida- a interpretación dos resultados do material empírico recompilado. O traballo será explicado na aula e se subirán as instrucións concretas sobre a súa realización á Moodle, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. Nalgunhas sesións de aula existirán breves espazos para a posta en común en relación ao desenvolvemento deste traballo.

No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización deste traballo. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (Skype ou correo electrónico) e poderá agruparse (máx. 3 persoas) para desenvolver este traballo.
Introductory activities Durante o desenvolvemento das sesións realizaranse 2/3 actividades sinxelas relacionadas co deseño preliminar de técnicas cualitativas de investigación. Estas actividades poderán ser completadas en parellas ou grupos de tres persoas e poderán finalizarse fóra das sesións.

As instruccións para a resolución das actividades serán facilitadas nas sesións presenciais e a través de documentos escritos dispoñibles na plataforma Moodle, coa fin de que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line.

No caso de alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio de curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e/ou asistencia para o seguimento na realización destas actividades. Este alumnado poderá solicitar a realización de titorías tanto presenciais como virtuais (vía Skype o correo electrónico). O alumnado da modalidade on-line poderá agruparse entre si (máx. 3 persoas) para completar esta actividade.
Guest lecture / keynote speech As profesoras introducirán os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida) e requerirán a revisión previa dos documentos (textuais, audiovisuais, etc.) obrigatorios que, xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma Moodle para o alumnado de ambas modalidades.
Directed discussion Nas sesións de aula, de modo paralelo á introducción temática por parte das profesoras, levaranse a cabo discusións dirixidas con base nos documentos obrigatorios (textuais, audiovisuais, etc.) e/ou outros considerados de interese polo alumnado ou as profesoras.

Para o alumnado da modalidade on-line ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poranse a disposición os documentos a través de Moodle e faciltarase a súa participación no debate a través de foros virtuais. Nestes participará indistintamente alumnado de ambas modalidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes