Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consta de dúas partes que serán titorizadas coordinadamente polas profesoras:
1.Deseño dunha proposta de investigación
2.Deseño de técnicas cualitativas de recollida de datos. Posta en práctica dunha das técnicas deseñadas. Análise e interpretación do material empírico producido.

Para o alumnado presencial o traballo será explicado na aula. Subíranse as instrucións concretas sobre a súa realización na aula virtual, para que teñan acceso a elas tanto o alumnado da modalidade presencial como o da modalidade on-line. O alumnado desta última modalidade ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, disporá de atención personalizada de xeito telemático.
Sesión maxistral O profesorado introducirá os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida). Os documentos de apoio (textuais, audiovisuais, etc.), xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma virtual para o alumnado de ambas modalidades.
Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación con metodoloxía cualitativa e a aplicación das diferentes técnicas, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.

Para o alumnado online, estas actividades adaptaranse para a súa realización e seguimento a distancia a través das ferramentas habilitadas para iso na aula Virtual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes