Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 B3 B4 B6 B16 B20 B21 C1 C5 C6 Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión do profesorado da materia. 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B17 B18 B19 B22 C4 C5 C6 C7 Consta de dúas partes:
1.Deseño dunha proposta de investigación con estudo de caso aplicada a unha temática.
2.Deseño de técnicas cualitativa de recollida de datos, incluíndo a posta en práctica dunha das técnicas deseñadas e a análise e interpretación dos resultados do material empírico producido.

90
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado de modalidade online, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia será igual que a do alumnado presencial con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e os traballos tutelados serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

 O uso indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na cualificación final e o plaxio no suspenso da materia

 A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes