Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Historia e teorías dos movementos migratorios
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia e teorías dos movementos migratorios Código 615525013
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
ana.ballesteros@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia explóranse os vínculos teóricos entre a historia e a socioloxía das migracións. O obxectivo principal é aportar ó alumnado un marco teórico e conceptual aplicado ó campo das migracións internacionais. O curso contempla unha parte práctica que se baseará no coñecemento de diferentes metodoloxías cualitativas e a súa aplicación a casos de analise de realidades presentes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías adaptaranse á ao cumprimento, por parte do alumnado, da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as saídas de campo desenvolveranse na contorna próxima de forma supervisada e/ou titorizada polo profesorado da materia e o resto de metodoloxías empregando a ferramenta Teams e/ou a plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. – Teams: para a titorización e seguimento do traballo global desenvolvido na materia e específicamente para os traballos tutelados. 4. Modificacións na avaliación A avaliación non sufrirá cambios cuantitativos: Sesión maxistral (15%), Obradoiro (30%), traballos tutelados (55%). Poden modificarse as entregas grupais por individuais ante unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde, e co fin de facilitar o proceso de aprendizaxe ao alumnado. *Observacións de avaliación: Todas as metodoloxias da avaliación deben superarse para aprobar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes