Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Cooperación, migración e desenvolvemento
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
Eventos científicos e/ou divulgativos Conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura
Proba de ensaio Consiste na redacción dun ensaio no que se tomarán como base os contidos da materia, as conferencias específicas, a bibliografía recomendada na materia, e bibliografía que procurará o alumnado sobre algún ítem relacionado coa asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes