Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Cooperación, migración e desenvolvemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 Os obradoiros consisten na realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.
Para o alumnado presencial, as actividades e o acompañamento das mesmas por parte das profesoras desenvolveranse na aula.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) seguindo o calendario marcado polas profesoras.
40
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 A14 B1 B5 B6 B18 C1 C5 C6 C7 A participación activa dos/as alumnos/as será avaliada mediante a realización das lecturas suxeridas para cada unidade didáctica e a súa discusión na clase. 10
Proba de ensaio A6 A7 B2 B3 B13 B14 B15 B17 C4 Consiste na elaboración dun ensaio sobre os contidos da materia no que se avaliarán contidos, claridade expositiva, capacidade de análise, bibliografía traballada e aspectos de tipo formal. 50
 
Observacións avaliación

Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica, acordarase un programa específico de titorías ao comezo do curso, en función da súa dedicación.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación, serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiándose e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

O uso inadecuado de citas e referencias bibliográficas poderá supoñer unha penalización na cualificación final e o plaxio o suspenso da materia.

A entrega dos traballos para realizar nesta materia realizarase a través da ferramenta disposta para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes