Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Historia das teorías feministas
   Contidos
Temas Subtemas
1.- Teoría feminista e teoría crítica.
O paradigma feminista no pensamento filosófico e no pensamento social e político. O feminismo: tradición intelectual e movemento social.
2.- SÉCULO XVIII: Ilustración e Modernidade.
Ilustración liberal e Ilustración radical. Ilustración patriarcal e Ilustración feminista. O paradigma da igualdade e a orixe da democracia moderna. O contrato sexual e a orixe do patriarcado contemporáneao. As obras de François Poullain de la Barre e de Mary Wollstonecraft. A vindicación feminista.
3.- SÉCULO XIX. O movemento sufraxista e a ampliación da democracia. A conquista de dereitos civís e políticos. O movemento feminista como movemento de masas. O voto en EE.UU. e Europa. John Stuart Mill e A suxeción da muller. O feminismo en América Latina.
4.- SÉCULO XX.O feminismo existencialista de Simone de Beauvoir. O segundo sexo. Unha proposta radical de igualdade.
5.- O feminismo liberal de Betty Friedan A mística da feminidade. O feminismo reformista dos anos sesenta en EE.UU.
6.- O feminismo radical dos anos setenta Maio do sesenta e oito europeo e a nova esquerda estadounidense. A política sexual de Kate Millett e o concepto de patriarcado. A dialéctica do sexo de Shulamith Firestone. A tiranía da falta de estruturas do movemento feminista: Jo Freeman. O feminismo cultural: heterosexualidade obrigatoria e existencia lesbiana en Adrienne Rich. Os feminismos en América Latina.
7.- Os feminismos da diferenza Feminismo e psicoanálise en Francia. O pensamento da diferenza sexual da Libraría de Milán: Luisa Muraro.
8.- Feminismo e posmodernidade A crise do suxeito político feminista. Aproximación á teoría queer: o pensamento de Judith Butler.
9.- Feminismo e multiculturalismo. Feminismos de cor: Gloria Anzaldúa e Cherry Moraga. “De vuelta a ‘Bajo los ojos de occidente’”, de Chandra Talpade Mohanty. Feminismo decolonial: Rita Segato.
10.- Feminismo e nacionalismo en Galicia. Entre a teoría e a política.
11.- Feminismo e marxismo. As primeiras marxistas e a “cuestión da muller”. As teorías do sistema dual. Marxismo e feminismos hoxe. Globalización, feminización da pobreza e capitalismo global.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes