Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Orientación socioeducativa para a igualdade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Orientación socioeducativa para a igualdade Código 615525021
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Arza Arza, Neves
Gabriel Fernandez, Narciso de
Iglesias Galdo, Ana Maria
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
neves.arza@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
ana.iglesias@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/gl/estudos/m%C3%A1sters/mestrado-en-pol%C3%ADticas-sociais-e-intervenci%C3%B3n-sociocomunitaria
Descrición xeral Preténdese orientar o estudantado na práctica da reflexión fundamentada e no descubrimento de novas interrogantes que lles permitan obxectivar algúns dos elementos sociais que contribúen á xenerización da cultura considerada común, e tomar así conciencia do grao de coerción e/ou consentimento das relacións sociais en función da variable xénero. Defenderase a necesidade de apropiarse deste marco teórico-crítico, de carácter sociohistórico, para o deseño e desenvolvemento de proxectos sociais realmente coeducativos, isto é, que aporten razóns sobre a urxente necesidade de incorporar os saberes feministas á práctica profesional e tamén á vida cotiá, e contribuír así a reducir as diferentes fendas de xénero e a camiñar cara a sociedades máis inclusivas e xustas
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19): 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: -Análise de fontes documentais -Discusión dirixida -Sesión maxistral -Portafolios do alumno -Actividades iniciais – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: –Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos exercicios nas clases e o portafolios – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica”, a través das cales se poñen en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: A) sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos e das actividades na franxa horaria que ten asignada a materia non calendario de clases aprobado pola comisión académica do mestrado e aprobados na Xunta de Facultade (planificadas para o estudantado presencial) B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo para ou seguimento e apoio na realización das actividades. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia (planificadas para o estudantado presencial) 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios Observacións: a) A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases da materia a través da realización das actividades. Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante). Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Moodle, onde se realizará as actividades. b) Os/as estudantes non presenciais e estudantes online poden seguir a materia por Moodle, se ben non poderán participar nas actividades (elabóranse actividades propios para este tipo de estudantado) nin serán convocados por TEAMS para as clases. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (no primeiro día de clase) ou ben tivera superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automaticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións". Os/as estudantes online serán aqueles que na matricula da materia optan por esta situación. c) As clases manteñen o formato de grupos de traballo que se especificaran na guía docente, ben se estamos na modalidade presencial ou virtual. Os grupos de traballo crearanse por TEAMS, que será o medio a través do cal se fará o seguimento das actividades por parte do profesorado (estas clases serán sempre no horario aprobado pola comisión académica do mestrado e aprobado na Xunta de Facultade). Soamente para os/as estudantes presenciais. d) A avaliación da materia será virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a mesma ponderación das cualificacións, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: actividades serán dentro de cada clase (neste caso, ao final da clase por moodle). As actividades non se habilitará ata que comecen as clases; este material que se fagan serán presentadas dentro do portafolios e serán colgados en Moodle na data establecida polo profesorado o primeiro día da clase. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a cada unha das formas de avaliar para superar a materia, e dicir, debe facer todas as actividades que planifique o profesorado de cada módulo dentro do portafolios. Os estudantes non presenciais e online terán que realizar soamente o portafolio e as actividades que planifique o profesorado responsable de cada módulo (este estudantado debe comunicarse nas primeiras clases co profesorado encargado de cada módulo) g) As titorías da materia serán individuais e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ao profesorado vía correo electrónico. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes