Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Subjects
  Sociodemographic and geographic changes
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 En cada sesión presencial dedicarase unha hora á reflexión aplicada e actualizada dos materiais discutidos no seminario, co obxectivo de elaborar resultados e chegar a conclusións que se materializarán nun traballo final. Valorarase especialmente a formulación metodolóxica e o carácter divulgativo da redacción final. 60
Seminar A21 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B14 B19 B20 B21 B22 C3 C5 C7 As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno. 40
 
Assessment comments

Os seminarios consistirán na
exposición de textos ou videos por parte da profesora, dos que o alumnado
dispoñerá previamente, para ser debatidos en clase segundo unha serie de
preguntas e de materiais que supoñerán ampliar a discusión. Prevese a realización
de 6 sesións de seminario. Pola participación activa en cada un destes seminarios,
o alumno poderá obter un punto na súa cualificación final, ata alcanzar un
máximo de 4 puntos (o 40% da cualificación final).

Os traballos tutelados serán
traballos de investigación breves realizados por un máximo de dous alumnos
presenciais, aos que se lles pode sumar outro alumno a distancia. Requirirán
horas de presencialidade para traballar en grupo e para a exposición continuada
do que se avanza ao resto da clase. O resultado final
prepararase a modo de poster ou cartel
dixital. Por este traballo final obterase un máximo de 6 puntos (o 60% da
cualificación final); ata dous puntos dos cales responderán ao criterio do
esforzo e da participación demostrada na súa realización.

Ao alumnado matriculado
en modalidade non-presencial aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación, pero
engadindo as seguintes condicións. A súa contribución aos seminarios terá que
entregarse por escrito, a modo de ensaio breve e seguindo as instrucións que se
lle darán para cada lectura. A súa participación no traballo tutelado asignado
levará engadida a creación e mantemento dun foro de debate virtual sobre o
tema, en Moodle ou outra plataforma similar.



O sistema de avaliación das convocatorias de xullo e
sucesivas, serán acordadas de forma personalizada con polo menos 3 meses de
antelación á pechadura de actas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes