Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Diversidade familiar, relacións interxeracionais e mediación familiar
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 B2 B7 B14 B18 B19 B21 C6 Traballos tutelados, que presentarán os alumnos, correspondentes a cada unha das sesións da materia. Serán traballos curtos, de reflexión teórico-crítica, segundo a guía que os alumnos atoparán en Moodle ao comezo do curso. Débense entregar nas datas correspondentes para poder ser avaliadas. Corresponden ao 40% da nota total da materia.

Para os estudantes en liña, habilitarase un chat en moodle no que deberán responder algunhas das preguntas que saen da lectura dos materiais propostos.

Traballo final, segundo as instrucións que se atopan en Moodle ao comezo do curso. É un traballo que emprega como "materia prima" o visionado dunha película cun tema relacionado coa materia, sobre a que os estudantes deben elaborar unha reflexión crítica e presentala cara ao final do curso en datas acordadas ao comezo da curso. Corresponde ao 60% da nota total da materia.

Existe tamén a posibilidade de que esta proba poda ser una introducción ao TFM se o alumnado considera realizado en torno a temáticas da materia/especialidades, en cuio caso acordarase un plan de traballo nas primeiras semanas de clase.
100
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial:

- A avaliación considerará a nota mediante un proceso de avaliación continua das diferentes partes a ser tidas en conta: participación nasaulas, tarefas (estudos de caso) (40%), traballo final (60%). Todos os traballos serán coñecidos polo alumnado ao principio do curso e todasas tarefas deberán ser entregadas en tempo e forma en formato dixital mediante o Moodle da materia. 

Alumnado non presencial

- A Avaliación será similar a do alumnado presencial, se ben o porcentaxe adicado a participación será medido mediante a participación no chat do Moodle habilitado e/ou por interaccións mediante correo electrónico con profesor.

 Primeira oportunidade

 O alumnado que opte por unha avaliación non continua poderá presentarse na convocatoria oficial acordada polo centro. A proba constará dun examen tipo test (50% da nota) que versará sobre diversas obras traballadas na clase e subidos en pdf ao Moodle da materia; e unha pregunta autoformulada de extensión en torno a 2 follas onde o alumnado exporá unha breve reflexión en torno a algún tema da materia do seu interés previo consenso co profesor (50% da nota)

 Segunda oportunidade

Mesmo criterio que na primeira


Alumnado con exención académica

Ao principio do curso acordarase un calendario de titorías, criterios de avaliación e entregas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes