Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Intervención socioeducativa con persoas maiores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Intervención socioeducativa con persoas maiores Código 615525026
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Serantes Pazos, Araceli
Viana Moldes, Ines
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
ines.viana@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Intervención socioeducativa con persoas maiores atopa a súa xénese na defensa dun paradigma promotor do avellentamento activo e a solidariedade interxeracional comunitaria, a prol da construción de sociedades máis xustas para tódalas idades. Dende unha perspectiva teórico-práctica, ofrécese un estimulante achegamento aos principios do modelo de traballo integral centrado na persoa, o grupo e a comunidade, por medio da análise de innumerables proxectos e experiencias nacionais e internacionais no campo da saúde, a interxeracionalidade, a xeragoxía ou a prevención da vulnerabilidade e a exclusión na vellez. Preténdese, asemade, aportar claves que axuden a deseñar e desenvolver proxectos socioeducativos e sanitarios orientados á derradeira etapa da vida, dende un enfoque decididamente interdisciplinario.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican As metodoloxías adaptaranse á ao cumprimento da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as metodoloxías se mantendrán adaptando su forma ao uso da ferramenta Teams e/ou a plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. – Teams: para a titorización e seguimento do traballo desenvolvido na materia. 4. Modificacións na avaliación - Non se contemplan modificacións, máis aló da adaptación do formato á situación sanitaria (por exemplo, traballos grupais poden pasar a individuais) *Observacións de avaliación: Todas as metodoloxias da avaliación deben superarse para aprobar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes