Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Deseño de proxectos e traballos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B3 B5 B6 B13 B15 B17 C3 C5 C6 C7 Traballo individual que consiste no deseño dun proxecto de investigación social aplicada, , e que está pensado para facilitar a realización do TFM do alumno/a.
Cada alumno/a elixirá un tema monográfico sobre o que realizar o traballo sobre un tema relacionado coas especialidades do Mestrado.
Para a correcta realización do traballo é necesaria a participación activa: asistencia (alumnos/as presenciais) e seguimento continuado (alumnos/as en liña).

100
 
Observacións avaliación

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo no traballo tutelado, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

O alumnado en modalidade en liña poderá contar con titorías vía Teams (previa cita) ou por correo electrónico.

O plaxio no traballo individual, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes