Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Taller de actualización e transferencia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado acudirá a actividades académicas vinculadas coas temáticas abordadas no mestrado, concretamente, por un valor de 20 horas de duración. Deberá presentar certificados de asistencia a ditas actividades. Esto formará parte da parte obrigatoria da materia. A selección será libre por parte do alumnado.

O profesorado do mestrado deseñará unha xornadas de formación de aproximadamente 10 horas de duración para o alumnado no seu conxunto para lograr transferencia de coñecementos.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado realizará un primeiro avance do proxecto de TFM que será presentado ao conxunto do alumnado, e será avaliado por un tribunal do que formará parte o propio alumnado do mestrado.
Presentación oral O alumnado realizará unha presentación oral do seu TFM, á que terá que asistir o grupo no seu conxunto, e do que formarán parte membros do alumnado coma tribunal (tendo que realizar un informe de avaliación do traballo presentado polos seus compañeiros/as).
Proba de ensaio O alumnado poderá realizar de forma opcional un ensaio sobre a temática e debates que teñan relación coas conferencias, seminarios ou congresos ao que se asistiu.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes