Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A12 A20 A21 A24 A25 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas actividades que se propoñan. O alumnado contará coas orientacións para a elaboración de cada unha destas prácticas na aula virtual da materia. As prácticas solicitaranse en formato dixital e realizaranse de forma individual. Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo 40
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A11 A12 A15 A17 A19 A21 A24 A25 O alumnado deberá realizar un proxecto de investigación desde o paradigma do pluralismo metodolóxico que inclúa o deseño dunha metodoloxía de enquisa. Este proxecto desenvolverase ao longo da materia, e supoñerá a aplicación das competencias adquiridas ao longo das diferentes sesións. Realizarase de maneira grupal e deberá ser exposto de forma oral. O proxecto solicitarase en formato dixital. A exposición realizarase na aula de maneira presencial. No caso de alumnado con dispensa académica ou dedicación a tempo parcial, admitiranse presentacións en formato vídeo, enviadas ao profesorado na data límite fixada previamente 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto as prácticas de laboratorio (40%) como o proxecto de investigación (60%). A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado). NON se gardará a nota da parte superada para a segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes