Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Análise Estatística Avanzada
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou nun pequeno grupo, relacionadas co estudo e desenvolvemento das prácticas da materia.

No inicio do cuadrimestre, comunicarase o horario das titorías a través, preferentemente, de Teams (en todo caso, rógase acudir ás mesmas previo aviso por e-mail).

Para o alumnado co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, acordarase a principio de curso un calendario específico de titorías compatible coa súa situación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes