Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Análise Estatística Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A24 A25 A26 A avaliación da materia establécese a través da cualificación conxunta de dous exercicios prácticos que supoñen o 100% do valor da nota final.

A primeira práctica (cun valor de 7 puntos) realizarase en grupo, maioritariamente na aula. Centrarase no desenvolvimento e análise completo dunha técnica de análise multivariante a concretar.

A segunda práctica (cun valor de 3 puntos) será individual. Consistirá na exposición razoada a diferentes supostos/análises de resultados de técnicas de análise multivariante a determinar.
100
 
Observacións avaliación

É condición indispensable para superar a materia, obter como mínimo nas prácticas, a metade da máxima cualificación outorgable (5 de 10).

A avaliación do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia, será igual que a do alumnado con dedicación completa.

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

O plaxio nas prácticas, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.

Para a realización das prácticas, utilizarase como software de análise, en principio, SPSS-Statistics e Microsoft Excel. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes