Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Seminarios de Especialización Aplicada I:Xénero, Poboación e Migracións
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprenderá como o coñecemento teórico avanzado adquirido sobre a investigación social se aplica no estudo das principais realidades sociais, marcadas por procesos e retos como a desigualdade de xénero, a migración, o avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación (por exemplo, rural vs. urbano). AM10
AM13
Familiazarase con procesos e proxectos de investigación aplicados reais en entornos multidisciplinares no ámbito do xénero, da migración, do avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación. AM16
AM22
AM23
Coñecerá exemplos da investigación social realizada na actualidade para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento social para abordar a investigación dos restos sociais actuais. AM20
Aprenderá de forma aplicada o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemolóxicos e éticos da investigación, para os retos da sociedade. AM21
AM25
AM26
Saberá transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos especializados ou non AM29
Terá a capacidade de desenvolver o seu traballo de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento AM19
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes