Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
 Asignaturas
  Seminarios de Especialización Aplicada I:Xénero, Poboación e Migracións
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.

Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista  e integradora

Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e  integración das persoas por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais.

Sustentabilidade.

- A entrega dos traballos documentais realizarase en formato dixital e a través de Moodle.

- Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara.

- Evitarase a impresión innecesaria de borradores.

- Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas, carpetas, etc).

Igualdade por razóns de xénero/sexo

- Evitaranse actitudes e expresións sexistas  

 Integración das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.

- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en xeral da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes